O pasado luns 14 de
decembro de 11:30 a 12:30 h. celebrouse un obradoiro de debuxo na residencia da
terceira idade de Volta do Castro. Nesta actividade participaron
oito alumnos e alumnas e dúas profesoras do Grao en Mestre/a de Educación
Infantil e Primaria coordinados por Silvia Capelo.
O obradoiro consistiu
na creación de Parangolés, túnicas nas que cada persoa ten que representar e
transmitir as súas emocións e sentimentos a través do debuxo e da imaxe. Unha
vez que realizaron o parangolés puxérono e comezaron a expresarse cantando
cancións.
Foi unha experiencia moi gratificante tanto para os maiores como para os alumnos e alumnas da Facultade de Ciencias da Educación xa que lle permitiu achegarse ao entendemento da vida cotiá deste grupo de persoas e como podedes ver nas fotos pasárono estupendamente!