Na sesión de hoxe acompañounos Eva e realizamos diferentes actividades. Comezamos co xogo das cadeiras, eliminando aos que non conseguían sentarse ata que tivemos un gañador:
A continuación, fixemos unha ronda de percusión corporal imitando e propoñendo distintos motivos mentres cantabamos unha canción e despois tocamos cos bongós diferentes patróns rítmicos:
Con diferentes instrumentos fixemos a musicalización dunha tormenta no mar, interpretámola e gravámola para deixar constancia do resultado:
E por último, coma sempre, presentación de instrumentos e hoxe por partida dobre!! Dividímonos e algúns estiveron con Eva e o teclado e outros con Antía e o clarinete. A próxima vez que volva Eva, intercambiamos os grupos.
É un proxecto que naceu no ano 2015. Pretende dar visibilidade as accións que se desenvolven nas áreas de Didáctica da Expresión Musical e Didáctica da Expresión Plástica da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Foi financiado polo Consello Social da USC durante o seu primer ano de vida.