xoves, 31 de outubro de 2019

MARTES 29 DE OUTUBRO

Ola, 

Hoxe foi a nosa primeira sesión. Nela coñecemos ós nenos e nenas do centro cívico de Marantes, que son todxs encantandores.

Nesta sesión, presentámonos, traballamos o ritmo co xogo das cadeiras musicais, aprendemos un baile tradicional doutro país (en concreto, o "Indo eu" portugués), ensinámoslles que podemos facer música co noso propio corpo e traballamos a muiñeira cunhas pandereitas e a canción Ole laranxiña. Ademais, os nenos e nenas ensináronnos ilusionados unha canción que aprenderan cos nosos compañeiros que foron nas sesións anteriores.

Estamos desexando que chegue o vindeiro martes para volver a desfrutar da música con eles.

Por Leticia Durán, Sofía Fernández e Ainhoa González.