Onte tivemos a primeira sesión dos obradoiros de música no LSC de Villestro. Os participantes pasárono moi ben e quedaron con ganas de máis. Para que vos fagades unha idea adxuntamos fotografías das actividades realizadas:
Pelota preguntona: Comezamos a sesión con esta actividade de presentación na que tiñan que pasar a pelota ao ritmo da música que sonaba e cando esta paraba, a persoa que tiña o balón na man respondía a unha pregunta.
Musicalización da sinatura: Despois dun momento de exploración dos diferentes instrumentos que tiñamos, debuxaron a súa sinatura nuns papeis grandes e crearon unha música que representara os seus trazos.
Danza de Escandinavia: Nun mapa de Europa situaron as diferentes danzas que bailaremos durante os obradoiros e interpretaron unha danza que se baila na rexión de Escandinavia.
Presentación da guitarra e o violín: Rematamos a sesión cunha presentación de dous instrumentos de corda, a guitarra e o violín cos que os nenos e nenas tocaron as primeiras notas e acordes de melodías coñecidas como "A Pantera Rosa", "Piratas do Caribe" ou "Campanita".