La Voz de Galicia tamén publica unha noticia sobre os obradoiros de música no LSC de Villestro, xa van alá as dúas primeiras sesións!
É un proxecto que naceu no ano 2015. Pretende dar visibilidade as accións que se desenvolven nas áreas de Didáctica da Expresión Musical e Didáctica da Expresión Plástica da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Foi financiado polo Consello Social da USC durante o seu primer ano de vida.
mércores, 13 de abril de 2016
martes, 12 de abril de 2016
Nova no xornal da USC sobre os Obradoiros de Música
O Xornal da USC publica hoxe unha nova relacionada cos obradoiros de música que se están a desenvolver, coa colaboración do Concello de Santiago, dende o pasado mércores 6 de abril no LSC de Villestro.
xoves, 7 de abril de 2016
1ª sesión no LSC de Villestro
Onte tivemos a primeira sesión dos obradoiros de música no LSC de Villestro. Os participantes pasárono moi ben e quedaron con ganas de máis. Para que vos fagades unha idea adxuntamos fotografías das actividades realizadas:
Pelota preguntona: Comezamos a sesión con esta actividade de presentación na que tiñan que pasar a pelota ao ritmo da música que sonaba e cando esta paraba, a persoa que tiña o balón na man respondía a unha pregunta.
Musicalización da sinatura: Despois dun momento de exploración dos diferentes instrumentos que tiñamos, debuxaron a súa sinatura nuns papeis grandes e crearon unha música que representara os seus trazos.
Danza de Escandinavia: Nun mapa de Europa situaron as diferentes danzas que bailaremos durante os obradoiros e interpretaron unha danza que se baila na rexión de Escandinavia.
Presentación da guitarra e o violín: Rematamos a sesión cunha presentación de dous instrumentos de corda, a guitarra e o violín cos que os nenos e nenas tocaron as primeiras notas e acordes de melodías coñecidas como "A Pantera Rosa", "Piratas do Caribe" ou "Campanita".
luns, 14 de marzo de 2016
Últimos días para inscribirse nos obradoiros de música!!
O próximo domingo 20 de marzo remata o prazo para inscribirse nos obradoiros de música que realizaremos no LSC de Villestro.
Ademais de xogos de movemento e expresión musical, traballaremos coa percusión corporal, interpretaremos danzas de diferentes partes do mundo, cantaremos cancións e tocaremos moitos instrumentos.
Animádevos a participar!!
xoves, 25 de febreiro de 2016
Inscrición para os obradoiros de música no LSC de Villestro
O
próximo martes 1 de marzo comeza a inscrición para apuntarse aos obradoiros de
música no LSC de Villestro que se celebrarán os mércores dende o 6 de abril ata
o 18 de maio. Haberá dous grupos en función das idades: de 17:30 a 18:30 horas
para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 7 e os 10 anos e de 18:30 a
19:30 horas para nenos e nenas entre 10 e 12 anos.
Nestas sete semanas pretendemos
que todos os rapaces e rapazas fagan música e teñan a posibilidade de tocar
diferentes instrumentos coma o xilófono, a pandeireta, o bombo, as maracas, o
triángulo, etc. En definitiva, queremos proporcionarlle unha experiencia que
lle permita ter un primeiro contacto con diversas cuestións como pode ser a
música e o baile tradicional galego (así como danzas doutras partes do mundo), a percusión corporal, a instrumentación
Orff ou a construción de instrumentos cotidiáfonos.
Os obradoiros son de balde e animámosvos a participar!!
luns, 25 de xaneiro de 2016
Presentación de Unión de Canles Sociais na Semana da Educación 2016
O próximo xoves 28 de xaneiro terá lugar de 13 a 14 horas a presentación de Unión de Canles Sociais: proxecto de arte comunitario na aula 12 da Facultade de Ciencias da Educación no Campus Norte.
Esta actividade enmárcase dentro da Semana da Educación durante a cal hai programadas máis de corenta actividades. A presentación correrá a cargo de Silvia Capelo, coordinadora do proxecto e é necesario realizar unha inscrición previa para poder asistir á mesma.
Ademais disto, durante toda a Semana da Educación (do 25 ao 28 de novembro), a Facultade de Ciencias da Educación do Campus Norte acollerá unha Exposición sobre o Maratón do Debuxante na entrada e corredor da planta 0.
martes, 22 de decembro de 2015
Obradoiro de debuxo na Asociación Down de Santiago de Compostela
Durante os meses de novembro e decembro realizáronse na Asociación Down de Santiago de Compostela catro obradoiros de debuxo cos nenos e nenas de sete anos.
Nestes obradoiros participou alumnado do Grao en Mestre/a de Educación Infantil da Universidade de Santiago de Compostela coordinados por Silvia Capelo, vivindo unha experiencia similar á da Escola Infantil do Milladoiro no mes de outubro.
As seguintes fotos amosan todas as actividades que fixeron os nenos e nenas e os estupendos resultados acadados:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)