Unha vez que chegamos ao local tivemos que esperar uns
minutos a que os nenos e nenas
acabasen  de  merendar. Atopámonos  con  sete  nenos  e  nenas  de idades semellantes, sendo dous deles irmáns.
Este tempo serviunos tamén para poñernos en situación e organizarnos realmente xa que íamos un pouco a cegas.
Comezamos cun par de
xogos de presentación, que levamos a cabo Alicia e Alba. En
primeiro lugar sentámonos en círculo
e puxemos en práctica “o bingo de presentación”.
Este xogo consistía en darlle a cada un dos presentes,
tanto aos nenos coma nós, os
adultos, unha tarxeta de cartolina
na que cada quen debería
escribir o seu nome. Unha vez
escrito os participantes tiñan que devolver
as tarxetas a quen dirixe o xogo, que
acto seguido lles daría a cada un unha cuartilla de papel na que se
escribirían os nomes de todos,  incluíndo
 o
 propio.
 Así
 pois,
 cando
 todos
 estamos listos  entra  no  círculo  un obxecto, os integrantes do círculo deberán
irse pasando o obxecto, pero no
momento en que a persoa que dirixe o xogo da una palmada a persoa que
se atopa en posesión de dito
obxecto deberá parar de pasar este para dicir o seu nome e a cousa que máis lle gusta
facer. O resto deberá buscar o nome
desa persoa na lista que fixo na cuartilla e
tachalo.
Unha vez tachados
todos os nomes pasaremos ó seguinte xogo “quen é quen”. Para a súa realización devolverémoslle aos participantes as tarxetas
de cartolina iniciais, nas que escribiron os seus nomes, só que o faremos
de xeito aleatorio
de modo que cada un terá unha tarxeta que non lle corresponde. O que debe facer cada participante é levantase do círculo
e buscar a persoa que lle
corresponde para devolverlla.
Unha vez finalizados os xogos podemos
dicir que os nenos se aprenderon os nomes dos seus  compañeiros  e  tamén  os  nosos,
 ou
 polo
 menos
 recordáronos
 durante  a  nosa
estancia. Ademais isto serviu para
darnos a coñecer e romper
o xeo. 
Acto seguido, erguemonos e formamos un semicírculo para comezar a estirar e quentar,
como antes de calquera exercicio
físico. Centrámonos, na cabeza e o
colo, brazos, pernas e pés. Despois,
fixemos un pequeno
exercicio co que comparar entre
agudo e grave ou baixo e alto, simulando un cohete, a caída dun precipicio ou unha rá, entre
outros. 
Deseguido, comezamos a explicarlles o que era o diafragma, que se utiliza
para cantar moito tempo e non poñerse afónicos.
A nena máis maior colaborou
moito no exercicio porque coñecía a escala musical,
así que nos colocamos e puxémonos a
cantar a escala.
Isto serve para a próxima sesión na que, sabido isto, intentaremos que poñan interés en
aprender a canción de Aldeíña de Bornais. Posiblemente,
xogaremos cos recordos ou vinculándoo
aos nosos avós.
O
que coidamos facer na parte
de percusión foi elaborar unha
pequena introducción onde chegamos a relacionar os son co noso propio corpo e, posteriormente, con instrumentos
de percusión xa establecidos como
poden ser os bongós.
Así, nesta   primeira  sesión,  acadamos o obxectivo de  motivar  aos  nenas e nenas  abrindo
esta  pequena ventá  un pouquiño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario