Este martes, ó xa coñecermos ós nenos e nenas, comezamos
directamente coas actividades musicais. Traballamos o ritmo con diversos xogos, como o Chocolate
e As bolboretas alegres, despois xogamos ó Pasemí e, por último, deixámoslles
ós nenos varios instrumentos de percusión, ensinámoslles os sons que producían
(os sons musicais) para que, logo, neste mesmo xogo, os nenos e nenas
adiviñasen que instrumento estaba a soar. A continuación mostrámoslles unha
partitura non convencional e montamos con eles unha pequena canción.
Cremos que o que máis desfrutaron os nenos e nenas foi tocar os instrumentos, xa que non están acostumados a eles e case non coñecían ningún deles, de feito quixeron tocar varias veces a pexa para poder intercambialos.
Estamos moi contentas de ter participado, pero sen dúbida
botaremos de menos voltar, xa que foi a nosa última sesión.
Por Leticia, Sofía e Ainhoa
Ningún comentario:
Publicar un comentario